martes, 22 de mayo de 2018

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E O ACCESO AO FONDO SOLIDARIO


Ábrese o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros e material escolar e o acceso ao fondo solidario
Unha das principais novidades é a posibilidade de que as familias tamén poidan presentar as solicitudes de xeito telemático
A convocatoria estará aberta ata o 22 de xuño
Mantense a axuda de 250 euros para o alumnado matriculado en educación especial
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende mañá ata o próximo día 22 de xuño (incluído). A convocatoria pode consultarse no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180521/AnuncioG0164-110518-0001_gl.html .
O importe total habilitado pola Consellería para o financiamento das axudas e do fondo solidario ascende a case 12,6 millóns de euros a razón de 5,4 millóns para os vales de material escolar, 4,6 millóns para as axudas de libros de texto, e 2,6 millóns para a adquisición –por parte dos centros educativos- de libros de texto complementarios aos existentes no Fondo Solidario, co fin de garantir a súa dispoñibilidade ao alumnado con nivel de renda que lle dea dereito ao citado fondo.
As solicitudes poderán presentarse por primeira vez por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Axudas á compra

As axudas da Consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e o alumnado matriculado en Educación Especial.
Os requisitos de renda e as contías das axudas son as seguintes:
Educación Primaria:
Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400,00 euros: 170 euros
Renda per cápita familiar superior a 5.400,01 e igual ou inferior a 9.000: 90 euros

Así mesmo, mantense que, o alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar.
Ademais, os menores de 1º e 2 de Primaria que se encontren en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima (170 euros), e non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

Fondo solidario

No caso do Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, ao igual que nos tres anos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terán preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.
De darse o caso de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario para dar unha cobertura igual á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas, o centro adquirirá os libros complementarios que sexa necesario. O obxectivo é garantir que o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros e o que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) teña garantido o acceso a 6 libros, e que o que teña renda per cápita de entre 5.400,01 euros e 9.000 acceda a 4 manuais.
Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar, ter devolto os libros dos cursos anteriores.

Procedemento máis sinxelo

A nova convocatoria establece un procedemento máis sinxelo e áxil para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado nestes cursos e que, a xuízo do centro, non poida empregar libros de texto ou material dispoñible. De constatarse esta circunstancia, poderá expedirse un vale (segundo o curso e o nivel de renda), para adquirir os libros ou material didáctico complementario e específico que o centro determine en cada caso.

Axudas para material escolar

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.
O alumando en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Datos curso 2017/18

No curso 2017/2018 concedéronse un total de 28.034 axudas á adquisición de libros de texto e 99.759 axudas para a adquisición de material escolar. Ademais, o fondo solidario de libros de texto distribuíu un total de 640.130 manuais, dos que só foi necesario adquirir o 12,41%.
En definitiva, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chegou este ano co programa de Gratuidade Solidaria para libros de texto a case 138.164 alumnos, ben a través do fondo (110.130), ben das axudas (28.034).
 

  

martes, 15 de mayo de 2018

MURAL "MUSEO DE ARTE"

MURAL "MUSEO DE ARTE"


Novo proxecto da ANPA!!!
Nesta ocasión "convertiremos" o exterior do noso ximnasio nun museo, grazas a Doctoy e a Ana (que plasmarán cuadros de diferentes artistas nas paredes) e grazas ao alumnado, que seguindo as instruccións do monitor, tamén deixará proxectado o seu talento.










lunes, 23 de abril de 2018

LAVADO DE FROITA

LAVADO DE FROITA


Unha vez máis, o CEIP Nº2 distribúe froita fresca ao alumnado coa axuda do FOGGA.

Como en anteriores ocasións, a ANPA coa axuda de vari@s voluntari@s, colabora co centro lavando a froita que o  precisa, a semana do 16 ao 26 de abril lavamos amorodos, mazás e uvas...

Esta semana, do 23 ao 27, xa se lavaron amorodos e peras...

O mércores 25 e o xoves 26, tamén nos quedaremos a partires das 09:15 no comedor.

Aquí vos deixamos unhas fotos da froita que lavamos...





 Se queres colaborar con nós, serás benvid@!!!

PRESENTACIÓN DE PROXECTOS

PRESENTACIÓN DE PROXECTOS

Xa está aberto o prazo para presentar os proxectos para as actividades extraescolares cara o vindeiro curso escolar 2018/2019.

As persoas interesadas en presentar o seu proxecto a ANPA, poden facelo das seguintes formas:

  • Deixando a proposta na bandexa da ANPA situada na secretaría do cole.
  • Deixando a proposta no buzón da ANPA, que tamén está na secretaría do cole.
  • Ou ben enviando a proposta ao correo anpasolivas@gmail.com

O prazo para presentar os proxectos remata o 18 DE MAIO DE 2018

miércoles, 13 de septiembre de 2017

FOLLA DE INSCRIPCIÓN SOCIOS/AS 2017/2018



 SOCIOS " ANPA AS OLIVAS"   CURSO 20__/20__




MARCAR :









NOVO SOCIO








INCORPORACION IRMÁN


                Email:                      anpasolivas@gmail.com


RENOVACIÓN


                Blog informativo:  Entrando na páxina do CEIP Nº2






                Teléfono:                635 945 349


Nº SOCIO* :


E-MAIL PAI/NAI*:





NOME E APELIDOS ALUMNO*:







CURSO* A REALIZAR:

Infantil(anos)
  3    4    5
Primaria;
     
       



IRMANS* NOME E APELIDOS:








CURSO* A REALIZAR:

Infantil(anos)
  3    4    5
Primaria;
     
       



IRMANS* NOME E APELIDOS:








CURSO* A REALIZAR:

Infantil(anos)
  3    4    5
Primaria;
     
       



NOME DO PAI, NAI OU TITOR*:

















TELF1*:



TELF2*:















PAGO POR BANCO REALIZAR O INGRESO:






BANCO:
ABANCA






Nº CONTA:
             IBAN:     ES36   2080   5446   7330   4010   4253



INGRESO:      8€ ATA O 20 DE SEPTEMBRO        10€ DENDE O 21 SE SEPTEMBRO ATA O 22 DE DECEMBRO
CONCEPTO:   cuota Anpa 16/17 + nome alumno e nºde socio









O PAGO PODESE FACER NO CAIXEIRO AUTOMÁTICO DE ABANCA, POR TRANSFERENCIA BANCARIA OU NA OFICINA DA ANPA NO HORARIO ESTABLECIDO.


ENTREGAR XUNTO CO XUSTIFICANTE DE INGRESO NA OFICINA DA ANPA OU NA BANDEXA DA ANPA DE SECRETARÍA DO CENTRO.


 En Tui, a ______ de _______________ de 20___                                                                                   



Asdo. (sinatura do pai ou nai): ____________________



(*) Datos Obrigatorios, salvo "irmáns", en caso de non existir, ou e-mail, se non se dispuxera de ningún.













Cláusula de Privacidade ("Protección de datos"):                                                                                                                                                                                 Os datos persoais que se faciliten a través do presente formulario (“os Datos”) recóllense por ANPA AS OLIVAS ó obxecto de formaliza-lo alta de novos asociad@s á mesma, contribuíndo á identificación inmediata e eficaz do alumn@ e do seu pai/nai/titor, así como ó contacto con este último polo que atinxa ó seu fill@ cando, no marco das actividades propias de ANPA AS OLIVAS, fora preciso. A omisión de calquera dos Datos marcados con asterisco impedirá a tramitación do novo alta (cás excepcións indicadas enriba). Os Datos trataránse por ANPA AS OLIVAS con estrita confidencialidade e referiranse a ficheiros responsabilidade desta Asociación (“RESPONSABLE DO FICHEIRO/TRATAMENTO”), que se atopan debidamente inscritos no Rexistro Xeral da “Agencia Española de Protección de Dados” para servir ós fins previamente expostos. ANPA AS OLIVAS infórmalle de que adoptou as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos Datos e evita-la súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado ós mesmos. Os Datos non serán comunicados a terceiros alleos a ANPA AS OLIVAS, agás que dita cesión fora obrigatoria por Lei ou medie a súa previa autorización. Así mesmo, saiba que poderá exercitar no seu propio nome (ou no de seu fill@, tocante ós Datos deste) os dereitos de acceso, cancelación e oposición ó tratamento dos Datos por parte de ANPA AS OLIVAS. Deberá exercita-lo seu dereito de rectificación daqueles Datos que ANPA AS OLIVAS está obrigada a actualizar, por térno-los facilitados con erros ou quedar obsoletos (debido a cambios que ANPA AS OLIVAS non teña forma de coñecer se non e a través de Vde.). Para facer uso de tales dereitos, terá que solicitalo na sede desta asociación, onde obterá o oportuno formulario para ilo, ou por e-mail. Unha vez cumprimentado segundo as instrucións contidas neste, poderá entregalo nas instalacións de ANPA AS OLIVAS, ou remitírnolo por correo ordinario a: "ANPA AS OLIVAS, Avda. de la Concordia, s/n (C.E.I.P. Plurilingüe nº 2 de Tui), C.P. 36700, Tui (Pontevedra)". O formulario terá que ir acompañado de copia do seu D.N.I. e -no caso de que os Datos corresponderan ó a su fill@- tamén copia do D.N.I. do nen@ e do libro de familia.


_ _ _ _ _ _  _ _  _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _  _ _ _ _ _ _ __ __ _ _ __ _ _ __ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ __ _ _ _ _ _ _








































SOCIO Nº :









NOME E APELIDOS:



CURSO:




NOME E APELIDOS:



CURSO:














Gardar xunto cunha copia do xustificante de pago se o mesmo se efectúa polo banco.